Semana de Igualdade

A segunda semana de marzo temos unha cita importante no Cmus Profesional de Vigo. Celebramos a nosa Semana de Igualdade 2025, cun montón de actividades enfocadas á visibilización das mulleres na música. Todas os actos son de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade, con excepción do taller de “partituras raras” con Sonia Megías que precisa de matrícula previa.