Premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música no curso 2019-2020

Debido á imposibilidade de levar a cabo probas para a concesión do premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza durante o presente curso 2019/2020, infórmase de que, para a obtención do mesmo, se atenderá unicamente aos seguintes criterios:

1. O premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza concederase ao alumnado matriculado en calquera dos centros da comunidade autónoma que remate o sexto curso dos estudos profesionais de música ou danza cunha cualificación media de 8 no devandito curso, cando menos, e que cumpra ademais cos seguintes requisitos relativos ao seu expediente académico:

1.1. Nas ensinanzas profesionais de música: que obteña unha cualificación de 9 ou superior na materia de instrumento da especialidade correspondente na avaliación final do sexto curso.