CALENDARIO FIN DE CURSO 2020 e de matrícula ordinaria e para accesos a 1º de grao elemental e 1º de grao profesional

1. INSTRUCIÓNS PARA A INSCRICIÓN NA PROBA DE ACCESO AO PRIMEIRO CURSO  DO GRAO ELEMENTAL 

IMPRESO:

O/a solicitante deberá achegar o impreso debidamente cumprimentado (en letras maiúsculas)

DOCUMENTACIÓN:

Deberá acompañarse unha fotocopia do DNI, en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa personalidade e idade (páxina na que figure no libro de familia ou partida de nacemento).

2. INSTRUCIÓNS PARA A INSCRICIÓN E AUTOLIQUIDACIÓN DA PROBA DE ACCESO AO PRIMEIRO CURSO DO GRAO PROFESIONAL

IMPRESO:

O/a solicitante deberá achegar o impreso debidamente cumprimentado (en letras maiúsculas)

DOCUMENTACIÓN:

O alumnado deberá achegar unha fotocopia do DNI, en vigor, ou documento fidedigno que acredite a súa persoa (páxina do libro de familia no que figure ou partida de nacemento).

INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR O IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN:

Encher os seguintes apartados:   

Centro académico: Conservatorio Profesional de Música

Localidade: Vigo

Delegación: Pontevedra  

Cod.: 41

Datos do alumnado: Apelidos, nome, tlf., etc.

Sinalar: Grao Profesional

IMPORTE DA PROBA:     

  • Grao Profesional ……………………………………………………………………………………… 34€
  • O ingreso deberá efectuarse en calquera das entidades  financeiras sinaladas no impreso de autoliquidación.

BONIFICACIÓNS OU EXENCIÓNS:    

(Decreto 89/2013 do 13 de xuño-DOG nº 114 do 17/06/2013)

Familias numerosas.

Terán una exención do 100 % os/ as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 % para os/as de categoría xeral. Esta condición será acreditada polo/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición de uso individual legalmente establecido, debendo o centro conservar unha copia compulsada no expediente.

Discapacidade.

As personas cun grado de discapacidade igual o superior al 33 % están exentas do pagamento dos prezos públicos. A acreditación destes extremos será realizada ao formalizar matrícula mediante exhibición do certificado ou resolución sobre o recoñecemento do grao de discapacidade dictada polo órgano competente nesta materia, debendo o centro conservar unha copia compulsada no expediente.

Vítimas de actos terroristas.

Están exentos do pagamento dos prezos públicos as víctimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos/as. A acreditación desta condición deberá realizarse documentalmente ao formalizar a matrícula, debendo o centro conservar unha copia compulsada no expediente.

Violencia de xénero.

Quedan exentas do pagamento as alumnas que sufran violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitoras a sufran. A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera das siguientes formas:

a) Certificación da orde de protección ou da medida preventiva, ou testemuño ou copia autentificada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida preventiva.

b) Sentencia de calquera orde xurisdiccional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

c) Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

e) Informe do Ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

f) Cualquera outro que se estableza regulamentariamente.

Funcionarios/as docentes.

Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, estarán exentos/as   do aboamento dos prezos públicos establecidos (deberán achegar a certificación expedida pola xefatura territorial correspondente).

ACLARACIÓNS SOBRE AS PROBAS DE ACCESO.

1.- As probas de acceso a 1º GE

As probas de acceso ao 1º curso de grao elemental terán lugar a comezos do mes de setembro. As datas das mesmas, así como a data de publicación dos  tribunais respectivos, serán tipificadas, no seu momento, no calendario de inicio de curso 2020-2021.

2-. As datas das probas de acceso a 1º GP

As probas de acceso ao 1º curso de grao profesional terán lugar, en principio, os días 25 e 26 de xuño de 2020, en horario de mañá e/ou tarde.

3.- O desenvolvemento das probas de acceso a 1º GP

3.1. En relación aos pianistas acompañantes

Tal e como se reflicte nas instrucións da Consellería, non haberá acompañamento de piano en ningún caso nestas probas, nin no modo presencial nin no modo non presencial.

3.2. En relación á publicación de tribunais

Este documento será publicado o luns 22 de xuño na páxina web do Centro. Nesta publicación se especificará que especialidades se realizarán de modo presencial e cales de modo non presencial, e como se levarán a cabo en ambos casos.

3.3. En relación ao apartado de linguaxe musical

En relación co exposto con anterioridade, aclaramos que nesta ocasión non se realizarán, na proba de linguaxe musical, os apartados de ditado e teoría (a proba se limitará a un exercicio conxunto de entoación e lectura).

3.4. En relación ao apartado de instrumento

Nesta ocasión, non será necesario que os aspirantes interpreten de memoria ningunha das obras do programa presentado ao tribunal.