URXENTE: CONTINUACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE VIRTUAL A PARTIR DO LUNS 22 DE FEBREIRO

Prezados alumnos, alumnas e familias:

Debido ás características dos centros educativos que imparten ensinanzas de música, así como aos aspectos específicos (educativos, organizativos e loxísticos) das mesmas, no Conservatorio Profesional de Música de Vigo xorden moitas e moi diversas dificultades ao respecto da organización e funcionamento en canto ao restablecemento da actividade lectiva presencial nunhas especialidades instrumentais e noutras non (vento madeira, vento metal, canto, etc.).

Por este motivo, poñemos en coñecemento de toda a comunidade educativa que, a partir do vindeiro luns 22 de febreiro e ata novo aviso,TODO O PROFESORADO DO CENTRO (todas as especialidades e materias) CONTINUARÁ, COMO ATA AGORA, CO SISTEMA DE DOCENCIA VIRTUAL.

Así mesmo, expresamos o noso enorme desexo de que esta situación mellore en tan só uns días para retornar á actividade presencial e recordamos que a modalidade de ensino virtual continuará garantindo o control de asistencia dos alumnos/as, a través da supervisión pormenorizada por parte do profesorado.

Atentamente:
O equipo directivo.