Dende o día de hoxe, luns 4 de abril de 2022, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo da comezo á recollida de doazóns económicas para os refuxiados pola guerra de Ucraína. Os interesados poderán levar a cabo a súa doazón na urna sita no Hall principal do Conservatorio.
A cantidade recadada será doada integramente á Asociación Galega de axuda a Ucraína.
Agradecemos enormemente a participación a toda a comunidade educativa e a todas aquelas persoas que desexen colaborar con esta causa.
Atentamente,
O equipo directivo do CMUS Profesional de VIGO.