Información xeral das probas de acceso.
En relación ao proceso de matricula para as probas de acceso e posterior desenvolvemento das mesmas, e en atención ao reflectido nas “Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia”, no seu apartado 8.17, aprázanse as probas específicas de acceso (…) e terán lugar no momento no que as circunstancias sanitarias o permitan.
Dende o CMUS Profesional de Música de Vigo, e no momento en que a Consellería anuncie as datas de celebración das probas de acceso, informaremos puntualmente de todas as novidades e prazos para o correcto desenvolvemento das mesmas.