Prezados alumnos e alumnas, nais e pais e persoal docente e non docente do CMUS Profesional de Vigo:
Coa finalización, o pasado luns 31 de maio, das clases do presente curso académico 2020-2021 quixera agradecer, a toda a comunidade educativa e en nome de todo o equipo directivo do Centro, o voso esforzo, traballo e adaptación continua á situación de pandemia vivida dende o 12 de marzo de 2020.
Gracias aos profesores e profesoras polo voso esforzo; gracias ás administrativas, conserxes e limpadoras porque sen o voso traballo non sería posible chegar ata aquí; gracias ás familias pola vosa comprensión e o apoio aos vosos fillos e fillas; gracias á inspección educativa por todo o asesoramento e atención constante ao longo destes últimos meses; e, por suposto e de maneira especial, GRACIAS a todos os alumnos e alumnas por demostrarnos, unha vez máis, que o merecedes todo pola nosa parte.
Foron moitas as normas, as restricións, os cambios e as adaptacións que tivemos que levar a cabo no Conservatorio e, a pesar de todo e todos xuntos, conseguimos finalizar este ano académico sen ningún contaxio producido no Centro e sen ningunha aula pechada pola Covid.
Espero que nun futuro ben próximo poidamos retornar paulatinamente á normalidade, que as nais e pais poidades acudir novamente aos recitais dos vosos fillos e fillas, que poidades acudir ás titorías presenciais co profesorado, que o alumnado recupere as experiencias que provocan lazos de amizade que se estenden moito máis aló do noso Conservatorio e, en definitiva, que o Centro recupere a vida e as vivencias que o erixiron nunha parte tan importante de tantos docentes, familias e xeracións de alumnos e alumnas ao longo dos seus dezaoito anos de historia.
Atentamente e sempre agradecido,
O director:
Sergio Noche García.